Sentímolo moito, de verdade...
Utilizo os medios que teño, este blog, para expresar cómo os membros de bOnOvO lamentamos a suspensión do concerto-presentación do grupo en Vigo o dia 25 de Abril en "La Fábrica de Chocolate Club".O caso é que durante a viaxe a Vigo pola autopista e á altura de Compostela recibimos a mensaxe de que non se podía abrir o local esa noite. Non coñecemos que houbera ningunha causa maior de saude, de falta de vontade do grupo nin de pouca afluencia de público prevista.
O que sabemos e que queremos comunicar é que pola razón que fora a sala suspendeu a 4 horas do concerto o que é un desplante para todos, músicos e público.
E non cremos que fora algo non previsible pois algúns días antes outra banda parece que volveu para a casa sin tocar por problemas da sala, e xa pediramos confirmación firme da data ao coñecer esa triste e preocupante circunstancia recibindo un "SI" rotundo por resposta... Álguén tiña previsto deplazarse dende Lisboa para asistir ao concerto, e nós mesmos temos máis que facer que pasear pola autopista de arriba para abaixo.
Sabemos que xestionar unha sala de música en directo é un traballo duro, que se consegue manter a flote despois de anos de traballo e esforzo (tamen dos músicos) e que moitas veces non se ingresa o que se invirte. Diso sabemos tamén moito os músicos.
O que non sabemos é se é que o concello se tirou a pechar salas "aloloco", se a sala non é seria... Agora non sabemos nada, esperamos unha explicación, unha compensación e o máis importante:
Unha disculpa ao público que se achegou á sala e non atopou nin unha triste nota explicando a suspensión, eso parécenos que é faltarlle ao respeto a os clientes e non só aos puideran ir a ese concerto, a todos.
Outra cousa, a web da Sala, ao día seguinte non explica nada sobre este concerto suspendido, si sobre outros aplazados nestas datas e como primeira reseña na sección "noticias":"La Fábrica de Chocolate Club", escogida sexta mejor sala nacional según los lectores de la Rockdelux. Muchísimas gracias a todos."
Non sei se seguirá merecendo ese posto no ranking...
Xentes de Vigo e o todo o Sur, iremos aló e intentaremos de todo corazón facervos disfrutar. Promesa de bOnOvO.
Etiquetas: bOnOvO
sanfona, zanfona, gaita rabil, zabarrete, viola de roda, rabel de manubrio, drehleier, vjelo, vielle á roue, dullemajik, tekerölant, draailier, dreielire, vevlira,/>


1 Comments:
Parece que en Ribeira o pasaron tan ben coma nós na Coruña. Disfrutámolo moito e xa queremos máis. Foi unha alegría volver a encontrarnos, Óscar. Viva o tuneo!
Enviar um comentário
Links to this post:
Criar uma hiperligação
<< Home