sanfona, zanfona, gaita rabil, zabarrete, viola de roda, rabel de manubrio, drehleier, vjelo, vielle á roue, dullemajik, tekerölant, draailier, dreielire, vevlira,/> Zona da Zanfona: Ribeira, Querémoste.

26.4.07

Ribeira, Querémoste.

Pero non acaba aquí a historia (anterior post), e ademáis cambia radicalmente para nós e unha chea de brav@s habitantes da Vila Mariñeira de Ribeira.

No primeiro bar de Compostela despois de sair da autopista , ás 18:30, con cara de tontos diante duns colacaos e uns aquarius xa enterados da suspension do concerto procedimos a enviar sms´s e facer chamadas para avisar aos coñecidos e probables asistentes. Unha delas a Tomás Axeitos de Ribeira que viña a facer o son ao concerto... Tristeza.

¿Tristeza?

¡5 segundos de tristeza! "... e logo... ¿porqué non vindes tocar eiquí?, fago unhas chamadas e confírmovolo..."





Tris, tras, feito. Operativo ao 100% funcionando: Bocatas de xamón, tira para Ribeira, en 3 horas concerto de bOnOvO no Bar Bonaparte de Ribeira, ambiente estupendo, bar cheo pero sin agobios, son excelente, xente achegándose dende Porto do Son, ¡un ferrolano ex veciño meu entre o público!, dous Bises (porque para repetir temas cun chejalle ben..), post-conserto encantador: un verdadeiro plaser. ¡¡¡Péjouseme o asento!!!

Despois do ben que o pasamos na Festa da Chuvia, esto.....


Ribeira, querémoste.


Tomás, se dis "Rana" eu Salto.

Etiquetas:

2 Comments:

Anonymous jose said...

Non hai mal que por ben non veña. Alégrome fondamente por vós e pola peña de Ribeira, e non tanto pola peña de Vigo, que seguro que se quedaron con cara de turista xaponés bebendo zume de limón...

4/27/2007 07:08:00 PM  
Anonymous Oscarfono said...

http://zonadazanfona.blogspot.com/feeds/posts/default

Para suscribirse a este blog, sseguide as instrccións.

Oscar

4/28/2007 11:58:00 PM  

Enviar um comentário

Links to this post:

Criar uma hiperligação

<< Home