sanfona, zanfona, gaita rabil, zabarrete, viola de roda, rabel de manubrio, drehleier, vjelo, vielle á roue, dullemajik, tekerölant, draailier, dreielire, vevlira,/> Zona da Zanfona: In Extremo / Fuxan os Ventos

13.4.07

In Extremo / Fuxan os Ventos



O grupo é In Extremo, e parece que o público coñece os temas....

Colgueino no blog pola zanfona que acompaña á voz pero escoitando detidamente e sin ánimo de comparar aos grupos, o son desta peza lembroume temas de Fuxan Os Ventos, (non estou de coña) sobre todo algúns temas-himno e refírome a recursos utilizados: unha voz grave de solista, variedad de ambientes na mesma canción: Balada romántica coa zanfona/Retrouso sinxelo/Recitado, actitude seria-grave no palco, instrumentos mui antiguos (gaitas, zanfonas e a famosa trompa marina) coexistindo con outros máis modernos(baixo, guitarras).

Mágoa que non entenda nin papa do que din para falar da temática da letra.

Xulgade vos mesmos (os que oistes algunha vez a Fuxan os Ventos), e se non mirade un pouco por aquí:

Fuxan os Ventos na Wikipedia
En Ghastaspista.com
En ghastaspista.com con extractos de Audio e algún video.
Letras dos temas do 1º L.P. do grupo en "Ravachol"

Xa sei que "Fuxan" (como lles chamaban algúns) non son nin a mitade de cañeiros, pero só en apariencia, moitos emocionámonos ainda ao escoitar temas como "Fúxan os Ventos" "canción para escribir mañá", "Labregos", "O Lobo", e sin miles de watios nen subgraves, máis ben con moito compromiso e moito sentimento, de orgullo ás veces e outras de rabia diante das inxusticias.

Ás veces os parecidos entre conceptos musicais están mui escondidos detrás de ideas e actitudes con moita personalidade, pero ao final todos copiamos uns de outros... todos.

Etiquetas: , , ,

1 Comments:

Anonymous bendimon said...

Non sei que dicir desa comparación,eh??
Non sei exactamente se iso é unha voz grave ou mais ben moi chea de harmónicos (ronquidos) nunha altura tonal normaliña..
A min pareceume mais ben unha mestura entre mago de oz (melodías mais ou menos sinxelas e pegadizas, e moi repetidas) e corvus corax (como diría obelix, están tolos, estes xermanos!!). Xa o di o refrán, ainda que o gótico se vista de instrumentos antigos, gótico se queda.

4/15/2007 04:56:00 PM  

Enviar um comentário

Links to this post:

Criar uma hiperligação

<< Home