sanfona, zanfona, gaita rabil, zabarrete, viola de roda, rabel de manubrio, drehleier, vjelo, vielle á roue, dullemajik, tekerölant, draailier, dreielire, vevlira,/> Zona da Zanfona: Caida Anunciada de un Mito

7.11.06

Caida Anunciada de un Mito



Publicado na Voz e Galicia 7/11/2007

"...Santiago será unha das tres cidades españolas nas que se poderá gozar da única ópera monumental ao aire libre do mundo, un fastuoso montaxe de Carmina Burana..."

Coñecín esta magnífica ópera porque a mítica empresa de venta de música por correo Discoplay confundíuse nun pedido que lle fixen hai uns 20 anos, eu quería un disco de música búlgara e mandoume un exemplar de Carmina Burana bastante mal grabado e cun fallo non corte de acetato hacia o final da primeira cara.
Máis por curiosidade escoiteino e sorprendeume tanto que repetín toda a semá ata que o aprendín de memoria....impresionante, épico, ás veces de unha ternura infinita e outras raiando o salvaxe.
No Multiusos do Sar pode que se faga unha interpretación mellor á que eu escoitei por primeira vez pero a merda de acústica de ese almacén de reverb vai a deixar a máis de un ca cabeza feita un bombo, e sin 40€ como mínimo.

¿Quén diseña eses auditorios que non sirven para escoitar música?, ¿e quén llos encarga? , casos coma ese hai a docenas en Galicia. E falo con coñecemento...

Video atopado en http://www.carmina-burana.com/html/german/show/show4.php

Non quixera ser mui negativo , pero se queredes ESCOITAR esa obra, mellor comprade unha boa edicion de "Carmiña Burana", e escoitádea na casa, aforrades cartos e podedes repetir. Claro que si o que queredes é que vos vexan sentados con la "creme de la creme" teredes que ir aló. Sempre queda o espectáculo visual, a verdadeira disculpa, ou mellor incluso: levade un mp3 con cascos e como en Luar , playback=sonido perfecto.

Etiquetas: ,

3 Comments:

Blogger benxa said...

¡Home, qué ben! ¡Carmiña Burana, a cantante favorita do ex-conselleiro de Cultura!

Acredito que o son do Multiusos do Sar é, en dúas palabras, es pantoso. Mellor que o usen como pista de patinaxe, é máis divertido.

E xa que estamos, ¿como se fai unha "opera monumental ao aire libre" dentro do Multiusos? Mi no comprender.

11/07/2006 09:22:00 PM  
Blogger Oscarfono said...

Non se fai, non hai o risco de que choiva e claro , perde toda a emoción do directo.....


O mp3????

11/07/2006 10:06:00 PM  
Blogger benxa said...

O mp3 mandeicho o mesmo día o enderezo que me diches. ¿Lost in Matrix, tal vez? Probarei de novo.

11/07/2006 11:51:00 PM  

Enviar um comentário

Links to this post:

Criar uma hiperligação

<< Home