sanfona, zanfona, gaita rabil, zabarrete, viola de roda, rabel de manubrio, drehleier, vjelo, vielle á roue, dullemajik, tekerölant, draailier, dreielire, vevlira,/> Zona da Zanfona

27.8.09

La Cosa




Misterios, misterios... ¡pero se buscaron o instrumento!, ¡fixeronlle unha música axeitadísima, ata parece que soa de verdade...!
Pois non foron quén de nomeala polo seu nome, nunca.

"Instrumento", "eso", é cómo lle chaman...

O desinterés polo nome de "aquilo", ¿virá de fábrica ou será so consecuencia da adaptación ao español? Probablemente veña de fábrica.


Resposta á cuestión: O Amigo Benxa nos aclara no comentario que non, non é un erro orixinal se non un erro de doblaxe, ¡O Manuel di Hurdy-Gurdy! pero en Spain ao doblala película (esa manía tan española, e galega se me permiten) non sabían qué poñer.


O video e os subtítulos do fragmento por Bexa (Hurdy-Gurdy aparece no mommento 4.53):



E reproducimos aquí o contido do seu comentario:

"Pois non ven de fábrica, é un caso máis de "lost in translation"
Na versión orixinal, Manuel dice: "He leaves me this hurdy-gurdy that his grandfather leave him". Pero claro, ou non entenderon ou por hurdy gurdy no diccionario non lles aparecía nada.
De todas maneiras, hai infinidade de trapalladas feitas nas doblaxes das pelis clásicas, a miña favorita é The Quiet Man (xa sabedes, John Wayne é Sean Thornton, un ex boxeador que retorna a Irlanda, terra dos seus pais): Nunha escena, Thornton está a punto de pelexarse co pelirroxo Danaher, ante a expectación de todos os seus veciños. Na versión doblada, Danaher míra a un par de tipos que levan pantalóns bombachos e boina e di: "Xa vexo que toda a aldea está detrás de esto." E o da boina contéstalle: "Se así fora, Danaher, da túa casa non quedaría pedra sobre pedra". Pero na versión orixinal, Danaher di: "Xa vexo que ata o IRA está detrás desto", co que a resposta demoledora do da boina cobra sentido, máis tendo en conta que a peli sitúase poucos anos despois da independencia de Irlanda.
Outra escena: Mary Kate, a esposa de Thornton, está falando co cura da aldea, (mentres este trata de pescar unha troita) e dálle vergoña explicarlle que por unha rifa co marido éste non durme con ela. Na versión doblada, Mary Kate di: Ai, Padre, e que me da moita vergoña falar disto, ¿podo falarlle con franqueza? O cura contesta: Si, filla si, e sigue a conversa. Pero na versión orixinal en inglés, Mary Kate di: Ai, padre, e que dame moita vergonza falarlle disto en inglés, ¿podo dicirllo en gaélico? O cura contéstalle nesa lingua, e a conversación sigue en gaélico, subtitulada en inglés, iso sí. Non sei se arranxarían a doblaxe en versións modernas, pero dende logo o traballo orixinal para o cine, e a primeira edición en video eran así. En fin "Traduttore, traditore", como dicen na miña aldea. E vaia chapa que deixo."

BENXA ERES GRANDE.

4.8.09

Unha escala pentatónica con Bobby MacFerrin.

Bobby McFerrin fai cantar ao público a saltiños.
Se queredes ir directos empezade no minuto 1:45

World Science Festival 2009: Notes & Neurons, Part 4 of 5 from World Science Festival on Vimeo.


Gracias Benxa.

Bailar, dende o berce.

Lawrence Parsons o neurocientífico fala do bailar, da música e de muitos detalles que como músicos estaremos de acordo, quédome con frases como "os músicos teñen que expresar as emocións racionalmente, (contradictorio?) se non non acertaríamos nin unha nota)

Punset, ti tamén eres o meu ídolo.



"Nos gusta comer, porque no sobreviviríamos sin la energía que aporta la comida. Nos gusta el sexo porque sin él no seguiríamos aquí. ¿Y por qué nos gusta bailar y cantar? Eduardo Punset entrevista hoy al neurocientífico Lawrence Parsons, que investiga la relación del ser humano con la música y la danza."

Colin isto en:

http://smartplanet.blip.tv

4.3.09

V Encontro coa Zanfona Contemporánea. Narón 13,14,15/03/2009


zanfona

D 14,15

Aldea Nova

curso/stage/masterclass:

Grégory Jolivet.

  • relatorio do investigador da Asociación Ibérica de la Zanfona, Xulio García Bilbao.

  • palco aberto
  • D 13

    Concertos/concerts:

    Feira do Trece na parroquia de Sedes. 10:00h.

    O dúo "Sobre Rodas" (Luís Correa “O Caruncho” e Carlos do Viso)

    Aldea Nova 12:00h

    • concerto didáctico do dúo Sobre Rodas

    • panel de experiencias do obradoiro musical do Centro de Artesanía e Deseño de Lugo por Luciano Pérez, herdeiros do pioneiro obradoiro que fundou Faustino Santalices quen recuperou este instrumento en Galiza no século XX.


    Auditorio de Narón 20:30

    Grégory Jolivet. "Alt´o solo"

    Xarnege quinteto transfronteirizo de Euskadi e Gascuña, compartirán palco na noite do venres.

    máis información:

    http://folque.com/cmn-wp/?page_id=1356

    info@folque.com

    +34 881 031 829

    19.9.08

    Ábrese o prazo de prematrícula en aCentral Folque Compostela

    Abrése o 15 de setembro e até o 1 de outubro, o plazo de prematrícula para o acceso no curso 2008/2009 de aCentral Folque Compostela.

    O proceso consta de:

    1. Prematrícula
    2. Proba de acceso/ audición
    3. Formalización da matrícula.

    As materias impartidas son:

    • Canto
    • Gaita
    • Percusión tradicional
    • Sanfona
    • Violino
    • Acordeón diatónico
    • Frautas e requinta
    • Linguaxe Musical
    • Hª da música popular galega

    Proceso de matriculación:

    PREMATRÍCULA: Entregar o documento de prematrícula nas oficinas do Centro:
    - Rúa Salvadas 22, baixo. 15705 Santiago de Compostela en horario de luns a venres: 10- 18 h
    - enviando por correo electrónico o formulario web no enderezo: matricula@folque.com

    Datas: entre o 15 setembro e 1 de outubro.

    PROBA DE ACCESO/audición: proba de aptitude en instrumento e solfexo para determinar nivel de ingreso na sede de ensino de acentral Folque na Escola de Altos Estudos Musicais no Parque de Vista Alegre s/n. 15705 Santiago de Compostela.

    Datas (por orde de chegada):
    - 3 de outubro: 16 h - 20 h
    - 4 de outubro: 10 h -14 h

    MATRÍCULA: formalización de matrícula do alumnado selecionado na proba de acceso co pagamento no banco da cantidade total polas materias a cursar.

    Datas: 6 - 17 de outubro.
    O resultado da audición para o ingreso, realizarase mediante correo electrónico.

    canto custa?
    150 € anuais por materia + seguro escolar.

    Máis información e consultas:

    * correo electrónico: matricula@folque.com

    * teléfono: 651 957 361

    Descarga o formulario (arquivo.doc): formulario_prematricula



    Tras a incertidume do último ano, abre as súas portas aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Tras o éxito do desaparecido Conservatorio de Música Tradicional e Folque nunha andaina de sete anos na súa sé de Lalín, o equipo de produción e docente volve á fronte para botar a andar este novo centro ubicado no barrio de Vista Alegre de Santiago de Compostela.

    As oficinas administrativas estarán na Rúa Salvadas 22, baixo e as aulas impartiranse na Escola de Altos Estudos Musicais no Parque de Vista Alegre.

    Neste curso impartiranse aulas de: Canto (Guadi Galego), Gaita (Edelmiro Fernández), Acordeón diatónico (Pedro Pascual), Frautas e requinta (Roberto Sala), Percusión Tradicional (Francisco EstévezChuco‘), Sanfona (Óscar Fernández), Linguaxe Musical (Benxamín Otero), e Historia da música popular galega (Ramóm Pinheiro) aos que se lle suma a materia de Violino impartida por Quim Farinha.

    O equipo de aCentral Folque garantirá a continuidade de proxectos complementarios ao ensino regular en Santiago de Compostela cos cursos monógraficos, intensivos de verán e encontros internacionais de instrumentos.


    Etiquetas:

    22.2.08

    Mosteiro de Baltar.Como chegar





    Para os que non saibades, aqui vos deixo un link da localización do mosteiro de Baltar.
    Lugar idílico do concello de NArón, bastante ben conectado e moi preto do mirador de Meirás, con vistas magníficas sobre o golfo ártabro e a beira atlántica do Ortegal

    20.2.08

    DIÁLOGOS CON ZANFONA


    diálogos con ZANFONA
    FERROL.
    29 Febrero e 2 Marzo
     

    Diferentes linguaxes e estilos pero un mesmo concepto: a música contemporánea, a do noso tempo, a irreverente, a inconformista.

    O centro do mundo musical está na Ferrolterra por un fin de semana.

    Como escusa para traer a Ferrol a eminentes músicos do panorama actual, organízanse dous concertos moi sinalados. “Diálogos con zanfona” é o título que os engloba e ten como obxecto singular o uso deste instrumento ancestral e milenario dentro dun contexto artístico aberto e creativo onde a improvisación e tradición conviven dun xeito natural.

    O cartel ábrese co concerto da Baldo Martínez Grand Ensemble e o seu “Projecto Miño”, presentando o CD do espectáculo liderado polo contrabaixista local Baldo Martínez arroupado por unha formación de 1º liña internacional –David Herrington, Chiaki Mawatari, Antonio Bravo, Maite Dono,…- que interpretarán, en clave de jazz contemporáneo, un repertorio inspirado na música de raíz das terras do Miño fronteirizo. Valentin Clastrier, colaborador na gravación do CD acompañará á Germán Díaz como zanfonistas do show.

    O marco escollido será o teatro histórico de acústica impecable do Jofre en Ferrol o venres 29 de Febreiro.

    Tamén aí, os virtuosos Matthias Loibner e Germán Díaz tocarán en solitario a noite do domingo 2 Marzo.

    O 1º trae o espectáculo O sea, π, música ó redor de instrumentos de manivela e live looping. Matthias Loibner trae directamente de Vienna, un concerto en solitario cheo de emoción e virtuosismo.

    Está organizado polo Concello de Ferrol e a Asociación de Conservatorio de Música Tradicional e Folque en Galicia, (www.folque.com).

    HORARIOS:

    VIERNES 29 FEBRERO. Teatro Jofre. Ferrol. 20.30 h

    BALDO MARTÍNEZ GRAND ENSEMBLE. Concerto Projecto Miño.

    Invitado: Valentin Clastrier

    Baldo Martínez contrabajo, composición, arreglos y dirección

    Maite Dono voz

    Chiaki Mawatari tuba y serpentón

    Antonio Bravo guitarra eléctrica

    David Herrington trompeta y fiscorno

    Alejandro Pérez saxos tenor y soprano, clarinete

    Pedro López batería y percusión electrónica

    Lucía Martínez vibráfono y percusión

    Germán Díez zanfona

    Invitado: Valentín Clastrier zanfona



    DOMINGO 2 MARZO
    Concierto. Germán Díaz / Matthias Loibner. Teatro Jofre. 20.30

    Biografías concisas dos zanfonistas:

    Baldo Martínez: O contrabaixista galego Baldo Martínez é un dos músicos máis representativos do jazz contemporáneo no país, na liña do Jazz europeo actual alterna a súa actividade musical entre o Jazz e a música libre improvisada. Entre os seus proxectos mas recentes,o Projecto Miño, presentado en xira realizada por Alemania e a Península dende 2005. Recentemente chamado polo lendario pianista alemán JOACHIM KUHN para o “IBERIA TRIO”, co clarinetista Louis Sclavis como invitado. Despois de fundar bandas como Clunia ou Zyklus, en 1994 creou seu propio grupo, sen descoidar colaboracións con músicos coma Kenny Wheeler, Jorge Pardo, Maria Joâo, ou Paolo Fresu.

    Para a edición do ano 99 do Festival Internacional de Jazz de Guimarâes (Portugal), encargouselle dirixir o Projecto Minho. Despois de 5 anos dende a súa creación, preséntao en Ferrol co CD do traballo recén editado por Karonte Records.

    Valentín Clastrier (Francia 1949). De formación clásica, chega ao instrumento cara o 1970, sen pasar polo repertorio tradicional. Compositor carismático e experimental, é o “pai” da técnica moderna da sanfona. Nos anos 80 desenrola canda o luthier Denis Siorat a zanfona electroacústica.

    Autor de media ducia de discos específicos para o instrumento, ten colaborado con artistas de música contemporánea coma Louis Sclavis , Michel Godard ou Carlo Rizzo.


    Matthias Loibner (Austria,1969). Zanfoneiro dende 1990 e músico universal, ten tocado con instrumentistas de tódolos continentes. Especialista en música barroca e coautor dun método para zanfona, forma parte de proxectos tan interesantes coma Zykado ou Deishovida.

    Desta volta, vén a Ferrol como solista onde amosará o seu virtuosismo e capacidade coma compositor de fermosas e vibrantes melodías.


    Germán Diaz (Valladolid 1978). Músico novo de consolidada traxectoria e dominador de diferentes linguaxes (compositor e colaborador para música de teatro, jazz, folk, rock, pop,…) trae ao Encontro “O sea, π”, espectáculo que xira en torno a tres instrumentos de manivela: zanfona, caixa de música e órgano de Barbaria.

    Etiquetas:

    15.2.08

    valentin clastrier, maestro




    valentin clastrier, maestro


    A zanfona contemporánea encóntrase. Está aquí e agora. En Narón, hai unha escola de música para aprendermos do instrumento ó longo do curso e un Encontro especial, cita ineludible cada ano cos mellores especialistas do Mundo.

    A 1º edición, hai catro anos, trouxo a Gilles Chabenat, un dos mestres franceses máis activos do momento e o seu espectáculo Trame (co pianista Alan Bonnin); na 2ª foi o catalán Marc Egea e a súa aproximación contemporánea e minimalista; a 3ª, centrouse en Galicia con Óscar Fez. (Os Cempés, Bonovo) e Anxo Pintos (Berrogüetto).

    Esta edición trae ao córner de Europa o máis importante zanfonista dos tempos modernos. Un artista que emprega a zanfona como medio de expresión e a levou a tal sofisticación que logo de trinta anos en activo, segue a ser fascinante e sen parangón.

    Valentin Clastrier, (Francia 1949) é un músico de formación clásica. Chega ao instrumento cara o 1970, sen pasar polo repertorio tradicional e desenrola a súa técnica propia, adaptable a calquera estilo e linguaxe musical. Un revolucionario que se mergullou nos alicerces do instrumento: roda e manivela, corda frotada, baixo continuo, elementos de percusión, vibración por simpatía,... para levalo a cotas de perfeccionamento sorprendente. Inventa a novos trebellos técnicos para encher a súa creatividade.

    Compositor carismático e experimental é o "pai" da técnica moderna para o instrumento. Nos anos 80 desenrola canda o luthier Denis Siorat a zanfona electroacústica.Autor de media ducia de discos específicos para o instrumento, ten colaborado con artistas de música contemporánea coma Louis Sclavis, Michel Godard ou Carlo Rizzo.

    Os contidos do curso serán unha explicación práctica do máis completo método de zanfona escrito ate o momento: La vielle & l’univers de l’infinie roue-archet, ou algo así como A zanfona e o universo do infindo arco de roda.


    O Encontro deste ano é un pto. de inflexión de tódalas edicións ao traer este personaxe de tanta proxección internacional. Unha dimensión pedagóxica dun maxisterio único e influínte.

    E para evento tan especial, un emprazamento singular: o convento-pazo de Baltar. Os asistentes gozarán dunha fin de semana de convivencia nun edificio senlleiro no rural da terra de Trasancos.

    O curso contará con 12 horas lectivas e como novidade organízase un escenario aberto para zanfonistas solistas ou en formación (tamén con outros instrumentos) con entrada de balde o sábado 1 Marzo á noite.

    Con estes Encontros consolídase a aposta do concello de Narón pola difusión dun instrumento galego, europeo e medieval. Un sintetizador medieval, segredo fascinante de trobeiros e reis que con este tipo de iniciativas achégao a calquera amante da música.

    Con este Encontro, o lugar que Narón ocupa no mapa, é meirande.

    Etiquetas: ,

    24.12.07

    Vivamos como galegos, (cabróns)


    Vivamos como galegos, (cabróns).

    Xa sabedes que esa frase é na que se basa a última campaña publicitaria do grupo GADIS...

    Olas, non é que volvera para seguir como ao principio pero é que acaban de instalarme "R" novamente, (por fin!!) e de paso que comprobo a conexión tamén quixera compartir co mundo como bon "anti-nadal" que son unha visión que tiven esta mañán:

    Vivamos como galegos, (cabróns).

    24 de Decembro. 2007 9:30 da mañá, esta noite é noite boa.

    Será á noite porque á mañán vin unha das imaxes navideñas que máis fixas me quedarán no recordo para sempre.

    Señorita X do GADIS de enfrente á miña casa disfrazada de Mr. Papá Noel versión PlayMate-light cun brazo ao cabestrillo e un ieso máis groso cas súas perniñas conxeladas facendo recados pola rúa.

    Non , non a tiñan sequera escondida no almacén,
    ¡¡mándana á rúa a facer recados!!
    ¡¡exiben as súas misérias!!

    ¡¡Vivamos como galegos!!!

    Todos os seus xefes ata chegar ao Sr. Tojeiro, (GADIS, REGANOSA, e ex-xefe meu) son uns delincuentes, e non por traicionar o espíritu do nadal, non o traicionan , ségueno ao pé da letra: "Nadal=+€" por riba de todo, dun brazo roto, dos dereitos dos traballadores, puajjjjjjjjjjjjj.

    Infeliz Nadal e unha indixestión con graves consecuecias (unha "experiencia" lenta e dolorosa a ser posible) aos cabróns que promoven ou permiten abusos coma este e moitos máis que seguro non se pasean por diante da miña casa pero que os hai.

    E a vós, se non sodes de esa tribu, que vos sexa leve como mínimo, e como máximo... cada quen que explore os seus límites.

    Etiquetas:

    26.6.07

    O autor informa... o verán xa chegou.

    Ola a tod@s, despois de estas accidentadas (informaticamente) datas teño que comunicar que o ritmo frenético que algunhas veces puidestes observar á hora de subir posts non vai continuar por un tempo.

    O dano no disco duro non foi fatal máis 60 Gb dun disco externo perderon o nome, agora chámnse todolos arkivos cousas como er3444500078.wav etc. eso si é algo máis grave, levaríame séculos asocialos como estaban antes.....

    teño que agradecer públicamente ao gaiteiro mac_eiro que me socorreu no momento de telo accidente. Opa iii.

    Pero esa non é a cuestión, estou a cambiar de domicilio e non vou de dispoñer de conexion a internet as 24h com ata agora, aforrarei unha pasta pero no seguirei tan ao día esta bitácora zanfoneira ás veces, e simplemente como me peta outras.

    Quédanme cousas que quixera comunicar urxentemente antes como que:

    Recomendo encarecidamente que visitedes o blog de Oscar Picazo: http://viellektric.blogspot.com/

    Que últimamente se actualiza con interesantes posts como:
    Manual de zanfona 2: comprar un instrumento
    ou:

    Manual de zanfona 1: afinación del teclado

    Segúro que haberá máis contidos que vos poidan interesar...

    Outra cousa era esta:

    videos, videos en youtube con zanfonas...

    Nos ultimos dias-meses existe unha continua subida de videos de xentes de Hungría tocando tekero, comprobádeo poñendo tekeró no buscador de youtube e veredes a cantidade de zanfonistas e a naturalidade con que se relacionan cos demáis mortais, na igrexa, en comidas populares, en calquera dos creo que 5 festivais anuais adicados a ese instrumento... increible.

    Faime pensar nunha posible Galicia na que a historia fora diferente á que foi.
    Igual foi mellor así, quen sabe.

    A web da AIZ renóvase, empeza con forza, que siga así.

    E a última, que isto non é unha despedida, so que o ritmo baixará ou manteráse como o dos últimos dias.

    Sorte.

    Podémonos ver no concerto aberto de fin de curso do CMTF de Lalin en Lalin,

    Con Bonovo en Xira:


    29 de Xuño, Festas de San Pedro, Compostela
    5 de Xulio, Festival de Ortigueira, (Proxecto Runas)
    28 de Xulio, Festa da terra e da Lingua, Muiño de Pedroso, Narón
    9 de Agosto, Festas de Ferrol
    23 de Agosto, Festival Folk de Plasencia, Plaza Maior.

    Ou con
    Os Cempés en Xira:


    7 / 7 / 07 Ferrol
    13 / 7 / 07 Málaga
    14 / 7 / 07 Cabana de Bergantiños
    17 / 7 / 07 Burgos
    20 / 7 / 07 Palencia
    21 / 7 / 07 A Fonsagrada
    24 / 7 / 07 Ourense
    25 /7 / 07 Vigo
    27 / 7 / 07 Cervo

    04 / 8 /07 Guitiriz, Festival de Pardiñas.
    10 / 8 / 07 Beluso, ( A noite do trasno)
    11 / 8 / 07 Miño
    14 / 8 / 07 Foz
    17 / 8 / 07 O Barco de Valdeorras
    18 / 8 / 07 Moeche. Festival Irmandiño.


    1 / 9 / 07 Fisterra
    8 / 9 / 07 Elviña (A Coruña)
    15/ 9 /07 Fene

    11/10 / 07 A Coruña, (Premios Opinión)

    Etiquetas: , , ,